Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Eva
feminino
Nome bíblico
Pronuncia
Eva:
Etimoloxía e historia
Procede, a través do latín eclesiástico Heva e o grego bíblico Eua, do hebreo Hauuâh, nome da primeira muller. Este nome foi relacionado, por etimoloxía popular, co hebreo hâyâh 'vivir', no sentido de 'nai dos viventes'. Non obstante, considérase máis probable que estea relacionado cun nome semítico de serpe (cfr. árabe hayya 'serpe, víbora'), á que se uniría tamén a tradición da tentación de Eva por parte deste animal.
Motivación
Segundo a Biblia, Eva foi a primeira muller. O libro da Xénese sitúa a creación de Eva por Deus despois do descanso do sétimo día, unha vez creado o primeiro home (Adán) da lama da terra, como se o sexo feminino non estivese previsto no plan divino: un ser accesorio que axudase o home. Deus non a construíu de lama da terra, senón dunha costela do home para marcar así a dependencia. Os teólogos teñen discutido por que naceu Eva dunha costela e non doutra parte. Algúns din que Adán foi creado hermafrodita, polo que a creación de Eva supón a separación dos dous sexos. Segundo o relato bíblico, Eva (a muller) canga coa maior culpabilidade. Non obstante, a versión galega da Xeral Estoria (séculos XIII-XIV) é algo diferente: “porlo consello do diabro que os enganou falando a Eva em fegura de serpente, comerom daquela froyta da arvore do medeo do Pareyso de que lles Deus defendera que nom comessem”.
Chamáronse así
Eva Duarte de Perón (1919-1952), esposa do xeneral Perón, que se converteu na República Arxentina nunha figura mítica que aínda se mantén na actualidade; a ópera rock Evita de 1978 e o posterior filme do mesmo título, de 1996, son unha boa proba da súa popularidade, tamén mundial.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Eva | |
Catalán | Eva | |
Español | Eva | |
Éuscaro | Eba | |
Francés | Eve | |
Inglés | Eva | |
Eve | ||
Italiano | Eva | |
Portugués | Eva | |
Romanés | Eva | |
Ruso | Evelina | |
Eva |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Eva
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]