Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Eutelo
masculino
Nome cristián
Variantes
Etimoloxía e historia
Do grego Eleuthérios 'que procede como home libre', 'liberal, xeneroso', ou 'libertador'; con esta última acepción epíteto de varios deuses.
Motivación
Santo Eutelo, un dos primeiros papas (175-189), de orixe grega ou búlgara, foi martirizado polos arianos. Houbo outros dous santos con este nome: un de París (séculos III-IV) e outro da cidade belga de Tournai (456-531). Confúndense as súas iconografías no mundo da arte, aínda que o máis representado —polo menos en Galicia— é o papa, que leva, ademais da tiara papal e do báculo, un can aos pés, por ser avogado contra a rabia.
Chamáronse así
Leuter González Salgado (1899-1977), discípulo de Risco, membro do Seminario de Estudos Galegos e colaborador de Nós; participou na creación da Editorial Galaxia (1950) e na fundación do Partido Socialista Galego (PSG).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Eleuteri | |
Español | Eleuterio | |
Éuscaro | Eleuterio | |
Francés | Eleutère | |
Italiano | Eleuterio | |
Portugués | Eleutério |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]