Este nome non se encontra na guía.
masculino
Nome toponímico
Do nome do río galego que nace na Serra do Xistral e desemboca na ría de Ares. Dá nome tamén a unha comarca, a un parque natural (Fragas do Eume) e está presente no concello de Pontedeume e nas parroquias Ribadeume e San Pedro de Eume (concello das Pontes de García Rodríguez). É un nome prelatino, formado a partir do tema hidronímico *um-, derivado da raíz *wegw- ‘húmido’, de onde tamén proceden os nomes dos ríos Umia e Uma.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]