Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Eudoxio, Eudoxia
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Nome grego: Eu-doxía 'boa reputación, boa sona; célebre', a través do latín Eudoxia.
Motivación
Santo Eudoxio (século IV) foi un soldado grego cristián martirizado en Oriente.
Santa Eudoxia (século II), bizantina, espallou por Oriente o culto a santo Estevo.
Tiveron o nome de Eudoxia varias emperatrices do Imperio de Oriente: unha foi esposa do emperador Arcadio (século IV); outra estivera casada con Teodosio II (século V). Nos países eslavos foi un nome utilizado pola realeza: levouno a primeira muller de Pedro o Grande de Rusia (séculos XVII-XVIII).
Chamáronse así
Eudoxia Álvarez (Amarante, Ourense 1875 - Cambados 1943), muller do poeta Ramón Cabanillas e nai dos seus oito fillos.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Eudoxia | |
Catalán | Eudoxos | |
Eudòxius | Eudòxia | |
Español | Eudosio | Eudosia |
Éuscaro | Eudoxo | |
Francés | Eudoxe | Eudoxie |
Inglés | Eudoxius | Eudoxia |
Italiano | Eudossio | Eudocia |
Portugués | Eudoxo | Eudóxia |
Romanés | Evdochie | Evdochia |
Ruso | Avdokia | |
Avdotia | ||
Evdoksije | Evdokia |
Antes e despois de Eudoxio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]