Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Estrela
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Estrela:
Véxase Estela
Etimoloxía e historia
Do latín stella, cun r epentético semellante ao de estropallo ou restra.
Motivación
Por unha parte, considérase o mesmo nome que Estela, unha advocación mariana: Nosa Señora da Estrela, Virxe María das ladaíñas (Stella matutina ‘estrela da mañá’), pero moito antes de que o papa Sisto V aprobase a finais do século XVI as ladaíñas á Virxe xa existía na illa da Estrela de Corme a ermida da Virxe da Estrela, hoxe desaparecida (só quedan ruínas).
A Stella maris ‘estrela do mar’ era unha advocación da Virxe invocada polos mariñeiros, xunto a san Telmo e outros santos. Nun documento de 1548 do arquivo da catedral de Santiago dise que había en Corme “una ermita que llaman Santa María de Viastela”. Viastela sería, en latín, Via stellae ‘vía ou camiño da estrela’.
Nun documento do mesmo arquivo de 1598 dise que vivira como un eremita nesta illa un bispo de Irlanda que fundara a ermida e que se enterrara nela. Contra 1700 xa aparece nas visitas pastorais a Corme a realizada á ermida de Nosa Señora da Estrela. Unha proba da permanencia no tempo desta advocación é que o almirante Francisco Mourelle da Rúa empezaba en 1775 o seu diario de navegación da goleta Sonora encomendándose á Virxe da Estrela do seu Corme natal.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Estrella | |
Español | Estrella | |
Éuscaro | Izarra | |
Izarne | ||
Izar | ||
Portugués | Estrela | |
Romanés | Stela | |
Ruso | Stela |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Estrela
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]