Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Eufemio, Eufemia
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Nome persoal grego tirado do nome común euphēmía 'boa fama; bo agoiro', derivado do adxectivo eúfēmos 'que pronuncia palabras de bo agoiro', termo composto do adverbio eû 'ben' e fēmḗ 'fama'.
Motivación
A lenda de santa Eufemia conta que era filla dun senador romano da Calcedonia e que foi mártir baixo Diocleciano (303-304). Así e todo, como o seu culto é moi antigo en Galicia, popularmente tense por santa galega ou, polo menos, profundamente galeguizada. É un caso semellante ao de santa Mariña, e, coma ela, sometida a un proceso de localización do seu berce nativo: para uns no bispado de Ourense; para outros nunha ermida da diocese de Tui. No norte de Portugal considérana natural de Braga. Na versión galega lígana a antiquísimos cultos de fecundidade. É titular de once parroquias galegas.
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino |
|---|---|---|
| Alemán | Euphemia | |
| Catalán | Eufemi | Eufèmia |
| Español | Eufemio | Eufemia |
| Éuscaro | Finia | |
| Eufemia | ||
| Francés | Euphémie | |
| Italiano | Eufemio | Eufemia |
| Portugués | Eufêmio | Eufêmia |
Antes e despois de Eufemio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]




