Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Euloxio
masculino
Nome cristián
Hipocorísticos
Másculinos Locho, Loxiño
Etimoloxía e historia
É o nome grego Eulógios, que inicialmente tiña o significado de 'que fala ben' ou 'de quen se fala ben', parecido, polo tanto, a Eufemio ou a Facundo. Entre os cristiáns, non obstante, eulogeîn traduciu o hebreo barak 'bendicir' e Eulogios colleu o significado de 'bendito', sendo, polo tanto equivalente de Benedito e de Bieito.
Motivación
Santo Euloxio de Córdoba (século IX) foi un exaltado integrista cristián que chegou a ser mártir pola súa teimosía e intolerancia. Mentres a xerarquía cristiá mozárabe aceptaba a pacífica liberdade de cultos do califato omeia de Córdoba e convivía en harmonía con árabes e xudeus, o sacerdote Euloxio encabezou un grupo que se manifestou publicamente contra o Islam e chegou a insultar a Mahoma na mesquita cordobesa. Puido fuxir ao norte e mesmo o nomearon arcebispo de Toledo, pero volveu a Córdoba e seguiu fomentando a rebelión, polo que foi preso e decapitado.
Hai outro santo Euloxio do século VI, patriarca de Alexandría, un dos santos máis antigos do culto hispánico.
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino | 
|---|---|---|
| Alemán | Eulogius | |
| Catalán | Eulogi | |
| Español | Eulogio | |
| Éuscaro | Eulogio | |
| Eulogi | ||
| Francés | Euloge | |
| Inglés | Eulogius | |
| Italiano | Eulogio | |
| Portugués | Eulógio | 
Antes e despois de Euloxio
        
        
        
    Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
        Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
	Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]
 
 




