Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Eustaquio
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Eustaquio:
Etimoloxía e historia
Do latín serodio Eustachius, testemuñado só na época cristiá, tirado do grego posclásico Eustákhios, variante de Eústakhys, nome masculino grego pouco frecuente que corresponde ao adxectivo eústakhys, composto de eû 'ben, bo', e stákhys 'espiga'; isto é, 'que dá boas espigas', 'fecundo'. É un dos nomes augurais que tanto gustaban aos primeiros cristiáns.
Motivación
Santo Eustaquio (séculos I-II), mártir, segundo a tradición era un xeneral romano chamado Plácido que participara na destrución de Xerusalén do ano 70. Converteuse ao cristianismo e mudou o seu nome latino polo grego. Conta cunha fabulosa lenda que o converteu nun novo Xob polas desgrazas que lle aconteceron tras a súa conversión ao cristianismo.
A trompa auditiva de Eustaquio tomou este nome en honor ao anatomista e médico italiano Bartolomeo Eustachio ou Eustachi (c.1510-1574).
Chamáronse así
O enxeñeiro militar estremeño Eustaquio Giannini foi quen restaurou, entre 1788 e 1790, a Torre de Hércules da Coruña, e deulle tamén o revestimento exterior seguindo as directrices de Cornide Saavedra.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Eustachius | |
Catalán | Eustaqui | |
Español | Eustaquio | |
Éuscaro | Eustakio | Eustakia |
Eustaki | Eustake | |
Francés | Eustache | |
Inglés | Eustace | |
Italiano | Eustachio | |
Portugués | Eustáquio | |
Romanés | Eustaţiu | |
Ruso | Evstafii |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]