Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Etelvino, Etelvina
Nome cristián
Pronuncia
Etelvino:
Etelvina:
Hipocorísticos
Másculinos Etel
Etimoloxía e historia
Nome de introdución recente e procedencia anglosaxoa que parte dun composto xermánico constituído pola raíz gótica athal 'nobreza' e a franca wins 'amigo'. A forma xermánica pervive independente nos nomes femininos inglés e alemán Ethel.
Motivación
Santa Etelvina casou co rei Alfredo o Grande de Inglaterra (871-899). Como fixera voto de castidade perpetua, o seu casamento non se consumou. Con todo e iso, segundo a lenda, Alfredo cansou de vivir coma un irmán da súa esposa e intentou xacer con ela, pero esta fuxiu e refuxiouse nun promontorio (o Colbert Head). O monarca pretendeu acceder a este lugar, pero unha marea milagrosa que durou unha semana impediullo e acabou desistindo. Tras o falecemento de Alfredo tempo despois, a raíña Etelvina fundou un convento beneditino en Winchester, no cal viviu o resto da súa vida. As súas reliquias atópanse no santuario desta abadía bieita, que tomou o seu nome.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Etelví | |
Español | Etelvina | |
Portugués | Etelvina |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Etelvino
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]