Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Estevo, Esteveíña
Nome cristián
Pronuncia
Estevo:
Esteveíña:
Variantes
Femininas Estefanía
Etimoloxía e historia
Do latín Stephanus, nome testemuñado esporadicamente en Roma na era precristiá, usado probablemente só por gregos ou orientais. Reproduce á súa vez o grego Stéphanos, nome persoal moi antigo e tamén nome común stéphanos 'coroa'. De Estevo deriva o apelido galego Estévez do mesmo xeito que do castelán Esteban deriva o apelido castelán Estébanez. A forma feminina de Estevo significa 'coroación'.
Motivación
Santo Estevo (século I), diácono dos apóstolos de Cristo, foi o primeiro protomártir cristián, condenado a ser lapidado polas leis xudaicas por blasfemar contra Moisés. Estevo é un dos santos máis antigos do culto hispano.
Santo Estevo I, papa (257-260), proclamou a validez do bautismo realizado por clérigos apóstatas, en contra da opinión de san Cibrán e doutros bispos do norte de África.
Santo Estevo I de Hungría (969-1038) foi o primeiro dos reis maxiares en se converter ao cristianismo.
Houbo varias santas ou beatas co nome feminino; unha delas relixiosa en Brescia (Italia) no século XVI. A difusión moderna da variante Estefanía foi debida a modelos franceses ou a que a levaron familias principescas europeas.
Chamáronse así
O escritor e maxistrado francés Étienne de La Boétie (1530-1563); o escritor, biógrafo e activista social Stefan Zweig (1881-1942), de orixe xudía e austríaca, posteriormente nacionalizado británico e o físico inglés Stephen W. Hawking (1942-2018).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Stephania | |
Stephan | Stephanie | |
Bretón | Stevan | |
Catalán | Esteve | Estefania |
Español | Esteban | Estefanía |
Éuscaro | Eztebe | |
Esteben | Estebenia | |
Estepan | ||
Esteban | Estebania | |
Estebe | Estebeni | |
Francés | Stéphane | Stephanie |
Etienne | ||
Inglés | Steven | |
Stephen | Stephanie | |
Italiano | Stefano | Stefania |
Portugués | Estefânia | |
Estevão | Estevainha | |
Romanés | Ştefan | Ştefanía |
Ruso | Stepan | Stefania |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Estevo
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]