Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Esperanza
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Esperanza:
Etimoloxía e historia
Derivado do latín sperare 'esperar'.
Motivación
A Nosa Señora da Esperanza, da Expectación ou do O é a Virxe preñada, a muller que está agardando o momento de dar a luz o seu fillo.
Santa Esperanza era irmá de santa Fe e de santa Caridade, fillas de santa Sofía, que as bautizara cos nomes das tres virtudes teologais. As tres sufriron martirio en Agen ou en Rodez (Francia), para uns en tempos do emperador Hadriano (século II), para outros baixo Diocleciano (ano 303-304).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Esperança | |
Español | Esperanza | |
Éuscaro | Itxaropena | |
Itxaro | ||
Francés | Espérance | |
Italiano | Speranza | |
Portugués | Esperança |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Esperanza
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]