Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Estanislau
masculino
Nome cristián
Hipocorísticos
Másculinos Estanis, Tanis
Etimoloxía e historia
Do nome eslavo Stanislav, composto de stan 'levantar' e slava 'gloria'.
Motivación
Santo Estanislau (1030-1079) naceu en Cracovia (Polonia) e foi bispo desta cidade; enfrontouse ao rei Boleslau II reprochándolle a súa tiranía, o que lle custou a vida.
Santo Estanislau Kostka (1550-1568), tamén polaco, era novizo xesuíta. Estando estudando en Viena, caeu enfermo e parece ser que se lle apareceu a Virxe e curou. Entrou aos 17 anos na Compañía de Xesús e morreu en Roma pouco despois.
Chamáronse así
Stanisław Herman Lem (1921-2006), escritor polonés considerado un dos maiores expoñentes do xénero de ficción científica.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Stenzel | |
Stanislaus | ||
Catalán | Estanislau | |
Español | Estanislao | |
Éuscaro | Stanislau | |
Estanislao | ||
Francés | Stanislas | |
Inglés | Stanislas | |
Polaco | Stanislaw | |
Portugués | Estanislau | |
Ruso | Stanislav |
Antes e despois de Estanislau
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]