Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Escravitude
feminino
Nome cristián
Hipocorísticos
Femininos Tuta
Etimoloxía e historia
Derivado de escravo, e este do grego bizantino sklabós ou sklabēnós, procedente de sloveninu, nome propio que se daba a si mesma a familia de pobos eslavos que foi máxima vítima da trata escravista no Oriente medieval.
Motivación
O santuario da Nosa Señora da Escravitude está situado na parroquia de Cruces (Padrón), ao pé do Camiño de Santiago. A súa orixe está nunha fonte ‘santa’ de moita sona porque se consideraban curadoras as súas augas. Contra 1730, un home do Salnés enfermou de hidropisía e disque curou ás 72 horas bebendo da súa auga. Agradecido, o home dixo: “Bendita sexas, Virxe Santísima, que me libraches da escravitude do meu mal”. Desta exclamación seica naceu o topónimo. Pola devoción que suscitou o milagre empezouse a construír decontado un gran santuario, cun carro de bois doado polo enfermo curado.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Esclavitud | |
Español | Esclavitud |
Antes e despois de Escravitude
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]