Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Erundina
feminino
Pronuncia
Erundina:
Etimoloxía e historia
Diminutivo do latín hirundo -inis ‘andoriña’.
Motivación
Aínda que nos últimos tempos caeu en desuso, é un nome feminino tradicional en Galicia. Como proba, e como dato anecdótico, a primeira carta que escribiu Castelao en galego foi en 1909 a unha tal Erundina González, veciña de Dodro, moza seica moi fermosa e boa bailadora.
Chamáronse así
Erundina Álvarez Pérez (1899-1936), camareira de Entrimo executada polas forzas golpistas, por agochar na súa casa a un comerciante esquerdista de Barbadás.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Erundina | |
Portugués | Erundina |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Erundina
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]