Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Ero
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Ero:
Etimoloxía e historia
Nome bastante frecuente na Idade Media, procedente do xermánico hairu 'espada'. É posible que influíse na súa difusión a confluencia do nome Eros, procedente do grego Érōs 'desexo dos sentidos, amor, paixón', a través do latín Eros, a personificación do amor.
Motivación
Santo Ero da Armenteira (século XI) foi un frade moi venerado deste mosteiro da comarca do Salnés, que, segundo a lenda, quedou durmido escoitando o canto dunha paxariña e espertou trescentos anos despois. Popularmente relacionouse a súa lenda coa recollida nunha das Cantigas de Santa María do rei Afonso o Sabio (século XIII), e tamén coa do santo Amaro o peregrino e coa do abade Virila do mosteiro navarro de San Salvador de Leire.
Ero Fernández (século IX-X), conde de Lugo, e a súa esposa Adosinda, foron os pais de santa Aldara ou Ilduara de Celanova, e avós de san Rosendo.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Portugués | Ero |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Ero
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]