Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Ester
feminino
Nome bíblico
Pronuncia
Ester:
Variantes
Femininas Esther
Hipocorísticos
Femininos Siña, Tera
Etimoloxía e historia
Nome bíblico (Ester no texto hebreo, Esthḗr no grego e Esther na Vulgata). Considérase de orixe persa, relacionado co persa (i)stareh 'estrela', con raíz nunha antiga palabra indoeuropea, *ster-, que aínda vive en moitas linguas: alemán Stern, inglés star, latín stella etc. Tamén se ten posto en relación coa divindade asirio-babilonia Istar, que, como apelativo, significaba 'deusa', e era a deusa do Amor. Ester, na tradición bíblica, de nome hebreo Hadassah 'mirto', era unha muller de extraordinaria beleza que casou co rei persa Axuero, polo que se converteu en raíña de Babilonia.
Motivación
No Libro de Ester do Antigo Testamento cóntase a historia desta muller, acontecida durante a catividade de Babilonia (século VI a. C.). Ester, moza de gran beleza, era a esposa —para outros a primeira concubina— do rei babilónico. O gran visir Haman decretara o exterminio dos hebreos cativos en Babilonia. Ante este perigo, Mardoqueo, tío de Ester, rogoulle que intercedese ante o monarca para evitar o xenocidio. Ela vestiuse coas mellores galas e, arriscando a súa vida —pois estaba penado presentarse de improviso ante o monarca—, introduciuse na cámara real e coas súas artes sedutoras logrou impedir os desexos malvados do visir. A mensaxe bíblica é que Deus se vale da beleza dunha muller fiel á tradición dos seus devanceiros para salvar o seu pobo e protexelo durante o exilio.
A historia bíblica de Ester foi tema para pintores e escritores de todas as épocas; tamén para os cineastas, mesmo en tempos ben recentes, con filmes e series de televisión.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Esther | |
Catalán | Ester | |
Español | Ester | |
Éuscaro | Esther | |
Ester | ||
Francés | Esther | |
Inglés | Hetty (hip.) | |
Esther | ||
Italiano | Ester | |
Portugués | Ester |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Ester
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]