Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Evaristo, Evarista
Nome cristián
Pronuncia
Evaristo:
Evarista:
Etimoloxía e historia
Nome de orixe grega que aparece nos primeiros séculos da era cristiá en Roma; vén de Evarestus, Evaristus, levado por un dos primeiros papas (97-105), morto mártir no imperio de Adriano. Na súa base está o grego Euárestos, nome persoal correspondente ao adxectivo euárestos 'grato, que comprace'. Xa en grego aparece, a carón deste, a forma Euáristos, quizais procedente dun cruzamento por etimoloxía popular con áristos 'o mellor'.
Motivación
Santo Evaristo, papa (97-105), fillo dunha familia xudía e nado en Belén, sufriu martirio na persecución de Traxano.
Chamáronse así
O coruñés Evaristo Martelo Paumán del Nero (1853-1928), conde de Andeiro e marqués de Almeiras, poeta en lingua galega. Polo que o propio Castelao contou publicamente, este personaxe, que tamén tiña pazo en Rianxo, influíu nel cando era un neno para que non se avergonzase de falar a lingua galega. Dixéralle o seguinte: “Fala galego coma min, pois xa o falaba un antecesor meu, Paio Gómez Chariño, cando Galicia era unha nación”.
Tamén foi o nome de Evaristo González Fernández (1917-1994), coñecido como Evaristo de Sela polo seu lugar de nacemento (Sela- Arbo), profesor de grego e poeta, o primeiro tradutor ao galego da Ilíada e a Odisea de Homero, en 1990.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Evarist | Evarista |
Español | Evaristo | Evarista |
Éuscaro | Ebarista | |
Francés | Evariste | |
Italiano | Evaristo | |
Portugués | Evaristo |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Evaristo
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]