Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xil
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Xil:
Véxase Exidio
Variantes
Masculinas Exidio
Etimoloxía e historia
Do nome francés Gilles, coa mesma orixe etimolóxica ca Exidio, presente na documentación galega polo menos desde o seculo XII.
Motivación
Houbo un san Xil (século VII), grego de Atenas, eremita e abade bieito, que foi de romeiro a Roma e despois seguiu deica á Provenza; instalouse preto de Arles, nunha fraga, alimentado co leite dunha cerva. A abadía de Saint-Gilles-du-Gard, situada nun dos camiños franceses de Santiago, está dedicada a este santo. Houbo tamén un san Xil (século XII) natural do Bierzo, que foi frade en Carracedo e abade de San Martiño de Castañeda; o seu culto espallouse pola comarca de Valdeorras.
Chamáronse así
Os portugueses Gil Eanes (século XV), navegante, e Gil Vicente (c.1465-c. 1536), dramaturgo.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Gil | |
Español | Gil | |
Éuscaro | Egidio | |
Gil | ||
Francés | Gilson | |
Gide | ||
Gilles | ||
Holandés | Gillis | |
Inglés | Giles | |
Portugués | Gil | |
Sueco | Gillis |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]