Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xilberte
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Nome de introdución recente,a través do francés Gilbert, e este de orixe xermánica, quizais composto por *gails, relacionado con gailjian ‘alegrarse’ ou ‘lanza’ e mais por bairthts 'claro, brillante; célebre, famoso'.
Motivación
San Xilberte de Sempringham (1083-1189) foi un abade inglés, fundador da orde dos xilbertinos, que sería suprimida por Henrique VIII coa reforma anglicana. Xilberte de Aurillac, célebre pola súa sabedoría, foi papa co nome de Silvestre II (999-1003).
Chamáronse así
Gilbert Keith Chesterton (1874-1936), escritor inglés, e Gilbert Bécaud, pseudónimo de François Silly (1927-2001), cantante francés.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Giselbert | |
Gilbert | ||
Catalán | Gilbert | |
Español | Gilberto | |
Éuscaro | Gilberto | |
Francés | Gilbert | |
Inglés | Gilbert | |
Italiano | Gilberto | |
Portugués | Gilberto | |
Gilberte |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]