Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Fagundo
masculino
Nome cristián
Véxase Eufemio
Etimoloxía e historia
Do latín Facundus 'elocuente' e de significado semellante a Eufemio.
Motivación
San Fagundo (século IV), natural da Gallaecia asturicense, era fillo do centurión san Marcelo, tamén galaico, e irmán xemelgo de san Primitivo. Pai e fillos morreron mártires no tempo do emperador Marco Aurelio. É un dos santos máis antigos do culto hispánico. O seu nome deu orixe á cidade leonesa de Sahagún, punto importante do Camiño de Santiago.
O nome é bastante frecuente na Arxentina, en boa parte pola sona das fazañas, reais ou imaxinarias, do caudillo Facundo Quiroga (1788-1835), nas guerras civís entre federalistas e unitarios deste país no primeiro terzo do século XIX. Sobre el e sobre aquel momento histórico escribiu o docente e político arxentino Domingo Faustino Sarmiento a obra Facundo o civilización y barbarie (1845), unha das máis sobranceiras da literatura iberoamericana.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Facund | |
Español | Facundo | |
Italiano | Facondo | |
Portugués | Fagundo |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]