Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Fausto
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Fausto:
Etimoloxía e historia
Do latín Faustus, cognome antigo e frecuente entre os romanos. En latín o sentido é transparente, porque corresponde ao adxectivo faustus 'próspero, feliz'.
Motivación
No santoral cristián figuran os santos Fausto, Xenaro e Marcial, mártires en Córdoba no ano 303, durante a persecución de Diocleciano. O seu culto é dos máis antigos de Hispania (século V). Houbo outro san Fausto soldado e mártir en Milán (século II) e outro máis do século V, abade do mosteiro de Lerins (Francia).
En época moderna este nome foi revitalizado pola figura de Fausto, dunha lenda tradicional alemá. Era un intelectual que, sedento de pracer e de ciencia, decidiu venderlle a alma ao demo —por medio de Mefistófeles, un súbdito de Satán—, a cambio de que o servise durante vinte e catro anos, conseguindo así todo tipo de praceres, a ciencia oculta e o poder de facer milagres. Quen primeiro o levou á literatura foi o inglés Christopher Marlowe (A tráxica historia do doutor Fausto, c. 1589), mais quen o fixo universal foi o alemán J. W. Goethe a partir do primeiro terzo do século XIX cunha traxedia publicada en dúas partes: unha primeira en 1808 e a segunda en 1832; traduciuna ao galego o diplomático, escritor e tradutor Lois Tobío, en 1982.
Chamáronse así
Benigno Fausto Galdo Fernández (1944-2012), médico, historiador e académico correspondente da Real Academia Galega.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Faustus | |
Faust | ||
Catalán | Faust | |
Español | Fausto | Fausta |
Éuscaro | Fauste | |
Fausto | Fausta | |
Francés | Faust | Fausta |
Inglés | Faustus | Fausta |
Italiano | Fausto | |
Portugués | Fausto |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]