Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Fedra
feminino
Nome mitolóxico
Etimoloxía e historia
Nome grego derivado do adxectivo phaidrós 'brillante'.
Motivación
Fedra é o nome dunha figura da mitoloxía grega, filla de Minos e Pasífae, irmá de Ariadna. Casou co heroe Teseu, pero namorouse de Hipólito, fillo deste. Como Hipólito detestaba as mulleres e a desprezou, acusouno de intentala violar. O deus Posidón castigou a Hipólito, que morre arrastrado por cabalos, e Fedra acábase suicidando.
O drama inspirou a traxedia de Eurípides Hipólito e a Phaedra de Séneca.
Fedro é o título dun diálogo de Platón, escrito c. 370 a. C., no cal trata o tema do amor, a natureza, a morte e o destino das almas.
Chamáronse así
O liberto Fedro traduciu en Roma do grego ao latín as fábulas de Esopo.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Phaedra | |
Catalán | Fedre | Fedra |
Español | Fedro | Fedra |
Éuscaro | Fedro | Fedra |
Francés | Phédre | Phèdre |
Portugués | Fedro | Fedra |
Antes e despois de Fedra
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]