Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Fabiola
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Fabiola:
Véxase Fabio
Etimoloxía e historia
Forma feminina diminutiva de Fabio.
Motivación
Santa Fabiola (século IV) foi unha aristócrata cristiá romana que tivo un matrimonio desgraciado e marchou vivir con outro home. Tras a morte dos dous homes foi a Belén, onde estudou os Evanxeos baixo a dirección de san Xerome. Despois volvería a Roma.
Este nome popularizouse pola novela do cardeal Wiseman, titulada Fabiola ou a igrexa das catacumbas (1854), que nada ten que ver coa vida da santa.
En tempos máis próximos a nós volveu ter difusión pola aristócrata española Fabiola de Mora y Aragón, raíña consorte de Bélxica ao casar en 1960 co rei Balduíno I.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Fabiola | |
Catalán | Fabiola | |
Español | Fabiola | |
Éuscaro | Fabiola | |
Italiano | Fabiola | |
Portugués | Fabíola |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]