Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Filipe, Filipa
Nome cristián
Pronuncia
Filipe:
Hipocorísticos
Másculinos Chelipe, Filucho
Etimoloxía e historia
Do grego Phílippos 'que ama os cabalos' ou 'amigo dos cabalos', de phílos 'amigo', e híppos 'cabalo'.
Motivación
San Filipe foi un dos primeiros apóstolos seguidores de Cristo. Segundo a tradición, evanxelizou a rexión da Frisia. Crese que o crucificaron.
San Filipe Neri (século XVI) era un florentino que fundou en Roma un hospital e tamén a congregación do Oratorio para fomentar a oración e a frecuencia dos sacramentos. Pola alegría que ao parecer sempre mostraba, fixérono patrón dos humoristas.
Este nome foi elixido por aristócratas da Idade Media, e posteriormente por diversas monarquías europeas. En España foi nome dinástico para Austrias e Borbóns, desde que o introducira a principios do século XVI o flamengo Filipe o Fermoso, esposo de Xoana de Castela. Da dinastía dos Austrias: Filipe II, III e IV (I, II e III, respectivamente, de Portugal), durante os séculos XVI e XVII; dos Borbóns, Filipe V (século XVIII) e Filipe VI (século XXI).
Chamáronse así
Felipe Gil Casares (1877-1953), avogado compostelán, alcalde de Santiago e reitor da Universidade.
Felipe Camino Galicia de la Rosa, coñecido como León Felipe (1884-19689, poeta español. As súas últimas obras foron editadas por Alexandre de Fisterra a través da Editorial Finisterre Impresora, da que era presidente e fundador. Posteriormente, ademais de no seu editor, converteuse no seu testamenteiro.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Philipp | |
Catalán | Felip | |
Español | Felipe | Felipa |
Éuscaro | Pilipe | |
Felipe | Felipa | |
Filipe | Filipa | |
Francés | Philippe | Philippa |
Inglés | Philip | |
Italiano | Pippo (hip.) | |
Filippo | ||
Portugués | Filipe | |
Romanés | Filip | |
Ruso | Filip |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Filipe
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]