Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Fidel
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Fidel:
Hipocorísticos
Másculinos Filucho, Lucho
Etimoloxía e historia
Do latín Fidelis, cognome nun principio que máis tarde se converteu nun nome independente. Corresponde ao adxectivo fidelis 'fiel' e, xa en época cristiá, 'que cre en Deus', ou mellor 'que cre no verdadeiro Deus'.
Motivación
Houbo un san Fidel, bispo de Emérita (Mérida) que xa tivo culto no século VII. Outro, san Fidel de Sigmaringa (1577-1622) que exerceu a avogacía en Colmar (Alsacia); despois ingresou na orde dos capuchinos e dedicouse en Suíza a predicar contra os calvinistas, que o acabaron matando.
Chamáronse así
Fidel Castro Ruz (1926-2016), avogado e político cubano de pai galego de Láncara, que gobernou en Cuba de 1959 a 1976 como Primeiro Ministro e de 1976 a 2008 como Presidente.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Fidelis | |
Catalán | Fidel | |
Español | Fidel | |
Francés | Fidelis | |
Italiano | Fedele | |
Portugués | Fiel | |
Fidélio |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Fidel
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]