Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Filomena
feminino
Nome mitolóxico
Pronuncia
Filomena:
Hipocorísticos
Femininos Filo, Filucha, Fena
Etimoloxía e historia
Do grego Philomḗla 'que ama o canto', a través do latín Philomela, nome dun personaxe mitoloxico, filla do rei ateniense Pandión e irmá de Procne.
Motivación
Segundo a mitoloxía grega, a ateniense Filomena tiña unha irmá chamada Procne, casada co heroe Tereu da Tracia, que salvara Atenas dos bárbaros. Procne tiña saudades da súa irmá e convenceu a Tereu para que fose buscala a Atenas. Así o fixo o marido, pero violouna cando estaban chegando á Tracia. Para que Procne non soubese o que acontecera, cortoulle a lingua a Filomena, encerrouna nunha prisión do bosque e díxolle á súa esposa que a súa irmá morerra. Outra versión asegura que os deuses a converteran en reiseñor (= grego φιλομήλη ‘filoméne’) para que non puidese contar o que sabía.
Santa Filomena foi unha mártir romana baixo a persecución de Diocleciano (303-304).
Chamáronse así
A escritora Filomena Dato Muruais (Ourense 1856 - A Coruña 1926), unha das voces máis destacadas do feminismo galeguista de entre séculos; foi unhas das primeiras mulleres nomeadas correspondentes da Real Academia Galega, en 1906.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Philomena | |
Catalán | Filomena | |
Español | Filomena | |
Inglés | Philomena | |
Italiano | Filomena | |
Portugués | Filomena |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]