Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Flavio, Flavia
Pronuncia
Flavia:
Etimoloxía e historia
Do xentilicio latino Flavius, procede do cognome Flavus, dado ás persoas que tiñan o cabelo louro.
Motivación
A familia romana Flavia deu os emperadores Vespasiano, Tito e Domiciano (todos do século I); da súa época datan as primeiras obras das vías romanas na Gallaecia.
En Galicia o topónimo Iria Flavia, poboación romana situada onde hoxe están as localidades de Padrón e Iria, deu inspiración para dous nomes femininos.
Santa Flavia (século VI) foi unha virxe romana martirizada en Messina co seu irmán san Plácido. Tamén figura unha Flavia Domitila (século I) que converteu o seu xardín de Roma en catacumbas.
Flavio é o protagonista dunha novela en castelán, dese mesmo título, de Rosalía de Castro, publicada en 1867.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Flavio | Flavia |
Catalán | Flavi | Flàvia |
Español | Flavio | Flavia |
Éuscaro | Flavio | |
Inglés | Flavia | |
Italiano | Flavia | |
Portugués | Flávio | Flávia |
Romanés | Flaviu | |
Ruso | Flavii | Flavia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]