Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Florencio, Florencia
Nome cristián
Pronuncia
Florencio:
Florencia:
Hipocorísticos
Femininos Pencha
Etimoloxía e historia
Do latín Florentius, e este de Florens, Florentis, cognome romano formado a partir do participio presente do verbo floreo 'florecer', de significado transparente: 'que florece, que está en flor'. Dado o seu carácter augural, usárono os primeiros cristiáns, polo que hai moitos mártires e santos deste nome.
Motivación
San Florencio de Sardeña (século V) foi un bispo africano deportado a esta illa, onde morreu. San Florencio de Estrasburgo (século VII), fillo dun príncipe irlandés, fíxose ermitán en Alemaña e despois fundou a diocese de Estrasburgo, da que foi bispo.
Santa Florencia foi mártir en Béziers (Francia) nos tempos de Diocleciano (303-304).
Chamáronse así
Florencio López González (1914-1986), da Fonsagrada, chamado o ‘Cego dos Vilares’, o último dos cegos violinistas populares; deixou un nutrido repertorio musical.
Florencio Vaamonde Lores (1860-1925), poeta das Irmandades da Fala e académico cofundador de Real Academia Galega. Traduciu ao galego a Anacreonte.
Florencio Cerviño (1857-1941), bispo de Ourense dende 1921, e autor de obra poética.
Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987), natural de Vilamartín do Valdeorras, avogado e escritor galego. Tras o golpe de Estado de 1936 logrou fuxir da persecución dos falanxistas da súa comarca e incorporouse ao exército republicano. Rematada a guerra exiliouse en México, onde participou en actividades galeguistas. A RAG dedicoulle o Día das Letras Galegas 2022 pola súa obra poética, pola defensa dos valores democráticos en tempos difíciles e pola súa defensa da lingua e patrimonio histórico e cultural da comarca do Valdeorras.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Florentius | Florence |
Florens | Florenz | |
Catalán | Florenci | Florència |
Español | Florencio | Florencia |
Éuscaro | Florentzia | |
Florentzio | Florentzi | |
Polentzi | Polentze | |
Francés | Florence | Florence |
Inglés | Florence | Florence |
Italiano | Fiorenzo | Fiorenza |
Portugués | Florêncio | Florência |
Ruso | Florentii |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Florencio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]