Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Dositeo
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Dositeo:
Véxase Teodosio
Etimoloxía e historia
Procede do grego Dosítheos, latinizado en Dositheus, e significa 'don de Deus'. Está formado cos mesmos elementos de Teodosio pero invertidos.
Motivación
San Dositeo (século VI) foi paxe na corte de Constantinopla e despois monxe en Gaza (Palestina). Dositeo de Moldavia (1624-1693), bispo, estivo exiliado en Polonia; escribiu uns Salmos versificados, unha notable obra literaria do século XVII.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Dositeo | |
Francés | Dosithée | |
Portugués | Dosíteo | |
Romanés | Dositei | Dositeia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]