Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Ecequías
masculino
Nome bíblico
Variantes
Masculinas Ezequías
Etimoloxía e historia
Nome hebreo do Antigo Testamento, procedente das palabras hebreas Ezekh-iah ou Ezekh-eiel 'Deus fortifica'.
Motivación
Ecequías (século VIII a. C.) foi rei de Xudá nun momento en que este reino estaba sometido ao Imperio asirio. O seu pai, Acaz, aceptara o xugo imperialista, pero non así o seu fillo, que se atreveu a deixar de pagar tributos aos asirios, o que motivou que o emperador Senaquerib fose co seu exército contra os pobos palestinos rebeldes. En consecuencia, Ecequías non tivo máis remedio que seguir sendo vasalo do emperador. Non obstante, o Deuteronomio bíblico ten boa opinión deste rei, pola súa valentía e insubmisión.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Ezechias | |
Catalán | Ezequies | |
Español | Ezequías | |
Francés | Ezéchias | |
Italiano | Ezecchia | |
Portugués | Ezequias |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]