Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Edesio, Edesia
Nome cristián
Pronuncia
Edesio:
Etimoloxía e historia
Do nome latino Aedesius, que á súa vez procede do grego serodio Aidésios, derivado do substantivo aídesis 'pudor', 'respecto' 'veneración'. Significa 'digno de respecto, de veneración'.
Motivación
Santo Edesio foi mártir en Alexandría (Exipto) no ano 306. Outro santo con este nome, do século IV, evanxelizou Etiopía xunto co seu irmán Frumencio.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Edesi | |
Español | Edesio | |
Italiano | Edesio | |
Portugués | Edésio |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]