Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Edite
feminino
Nome cristián
Variantes
Etimoloxía e historia
Do inglés Edith, e este do anglosaxón Eadgydh, composto de ead 'rico, feliz' e, como substantivo, 'riqueza', e gydh 'combate, batalla'.
Motivación
Levaron este nome princesas inglesas da Idade Media, como Edite “a do colo de cisne” dos poemas cabaleirescos. Santa Edite de Wilton (século X), abadesa deste mosteiro inglés, era filla do rei Edgar, tamén santo. Santa Edite de Breslau (século XX), de nome civil Edith Stein, xudía convertida ao catolicismo, profesora de filosofía en Colonia, morreu en Auschwitz nas cámaras de gas dos nazis.
Chamáronse así
A cantante francesa Édith Piaff (1915-1963).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Edith | |
Catalán | Edita | |
Español | Edit | |
Edita | ||
Éuscaro | Edita | |
Edit | ||
Francés | Edithe | |
Édith | ||
Inglés | Edith | |
Italiano | Edith | |
Editta | ||
Portugués | Edite | |
Romanés | Edita | |
Ruso | Edita |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]