Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Ecequiel
masculino
Nome bíblico
Variantes
Masculinas Ezequiel
Hipocorísticos
Másculinos Zaquiel
Etimoloxía e historia
Nome hebreo dun dos profetas maiores do Antigo Testamento: Y'hezqel 'Deus dá forzas', a través do latín Ezechiel.
Motivación
Ecequiel (séculos VII-VI a. C.) foi o terceiro dos grandes profetas de Israel. Deportado a Babilonia tras a conquista de Nabucodonosor, esperta a súa vocación profética naquela cidade. Primeiro converteuse na “sentinela de Israel”, anunciando castigos para o seu pobo. Despois, tras a nova conquista de Xerusalén por Nabucodonosor (588 a. C.) muda de postura e pasa a anunciar a salvación. Nace con el un novo xeito de vivir a fe, sen monarquía nin rei: do iavismo pasouse ao xudaísmo, do que se pode considerar pai a este profeta. Foi o símbolo nacionalista xudeu na diáspora babilónica. Tivo unhas estrañas visións, como a dun carro con rodas de lume no ceo; por esta razón hoxe os ufólogos téñeno por pioneiro.
Chamáronse así
Ezequiel Abente y Lago (1841-1923), médico e militar de Corcubión. En 1996 o Hospital Militar da Coruña foi bautizado co seu nome.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Ezequiel | |
Español | Ezequiel | |
Éuscaro | Ezekiel | |
Ezekel | ||
Inglés | Zeke (hip.) | |
Ezekiel | ||
Portugués | Ezequiel |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]