Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Duarte
masculino
Personaxe histórico
Pronuncia
Duarte:
Variantes
Hipocorísticos
Másculinos Lalo, Educho, Edu
Etimoloxía e historia
Do anglosaxón Eadweard, composto de ead 'riqueza, posesións', e weard 'garda, gardián'. En Galicia hai mostras do uso de Duarte a partir do século XVI, probablemente polo influxo do rei portugués don Duarte, a través da forma inglesa Edward, con caída da vogal inicial e paragoxe de -e final. Despois conservouse como apelido ata que modernamente volveu revitalizarse como nome.
Motivación
Foi nome de reis ingleses desde o século X ata 1936 (Eduardo VIII). Levárono unha ducia deles, entre os que houbo dous santos: santo Eduardo o Mártir, rei de Inglaterra de 975 a 978, que foi asasinado na súa infancia pola súa madrasta, e santo Eduardo o Confesor (1042-1066), un dos últimos reis anglosaxóns de Inglaterra, pois a seguinte dinastía sería a normanda, introducida por Guillerme o Conquistador. O primeiro rei desta nova dinastía foi Eduardo I (1272-1307).
No reino de Portugal, don Duarte (1433-1438) foi membro da segunda dinastía, a xoanina (da Casa de Avis). Pasou por ser un rei dubitativo —ou prudente, segundo se mire—. O certo é que despois da desastrosa expedición a Tánxer de 1437, en que foi feito prisioneiro o infante don Fernando, nunca máis quixo emprender outra aventura bélica; preferiu transformar a súa corte nun centro cultural, como na época de don Denís.
Chamáronse así
Os escritores galegos Eduardo Pondal Abente (1835-1917) e Eduardo Blanco-Amor (1879-1979), a quen se lles dedicou o Día das Letras Galegas en 1965 e 1992, respectivamente.
Os nomes de Eduardo e Eduarda repítense desde principios do século XIX na familia Abente, rama materna do bardo bergantiñán; a el impuxérallo o seu tío e padriño o crego Eduardo Abente Chans; tamén o levaron, na forma feminina, unha irmá do bardo, amiga de Rosalía de Castro, e varias curmás.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Eduard | |
Adoward | ||
Catalán | Duart | |
Eduard | ||
Español | Eduardo | |
Éuscaro | Edorta | |
Eduardo | ||
Francés | Edouard | |
Inglés | Edward | |
Italiano | Edoardo | |
Portugués | Eduardo | |
Duarte |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]