Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Dosinda
feminino
Pronuncia
                            Dosinda:
                            
                                
                                    
                                
                            
                        
                    
                    Véxase Ousenda
Variantes
Femininas Adosinda
Etimoloxía e historia
Cultismo de Ousenda.
Motivación
A variante Adosinda foi de bastante uso no reino altomedieval de Galicia. Un exemplo poden ser estas mulleres, pertencentes á alta nobreza galaica da época:
A condesa Adosinda (séculos IX-X), esposa do conde de Lugo, Ero Fernández, foi nai de Ilduara Eriz (santa Aldara de Celanova) e avoa de san Rosendo.
Adosinda Gutérrez (século X), irmá de san Rosendo, era filla de Guterre Méndez e de Ilduara ou Aldara Eriz, neta de Hermexildo Gutérrez (o conquistador de Coímbra) e de Ero Fernández de Lugo.
Adosinda Gutérrez (século X), da poderosa casa nobre dos Gutérrez galegos (á que pertencía san Rosendo), era filla de Guterre Osorio e de Aldonza Méndez e neta do conde galego Hermexildo Gutérrez e de Elvira Méndez; foi a primeira esposa, e polo tanto, raíña consorte, do rei galaico-leonés Ramiro II, e nai do rei Ordoño III.
Adosinda Gunterices (século X), esposa do dux de Galicia Rodrigo Vásquez e nai de Paio, bispo de Santiago que substituíu a san Rosendo.
Dosinda Areses foi un pseudónimo xornalístico usado polo escritor Xosé Luís Méndez Ferrín.
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino | 
|---|---|---|
| Español | Adosinda | |
| Portugués | Adosinda | 
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
        Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
	Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]




