Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Dumia
feminino
Nome toponímico
Etimoloxía e historia
Nome dun lugar do concello de Cervantes (Lugo). Ten orixe prerromana, e pode relacionarse co celta *dumi̯o- 'monte', con paralelo no irlandés antigo dumae ‘monte, outeiro’, e quizais relacionado con Domaio, parroquia en Moaña onde está o monte Faro.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]