Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Dores
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Dores:
Variantes
Hipocorísticos
Femininos Lole, Loliña, Lolecha, Lolocha, Loló
Etimoloxía e historia
Deriva do latín Dolores, plural de dolor; e este de dolere 'sufrir'.
Motivación
Nome de advocación mariana que nace no século XIII en Alemaña na literatura ascética e mística e que deu orixe ao santuario de Marienthal.
Evoca o sufrimento con que María viviu o privilexio de ser a nai de Xesús. As dores eran inicialmente cinco: a profecía do ancián Simeón, a perda de Xesús no templo, o prendemento, a crucifixión e a piedade. Estas dores foron aumentando en número, até chegar a sete.
Chamáronse así
Dolores Ibárruri Gómez (1895-1989), coñecida como A Pasionaria, foi unha dirixente comunista española moi importante na época de II República e durante a guerra civil española (1936-1939).
María Dolores Díaz Baliño (1905-1963), coñecida polo hipocorístico Lolita Díaz Baliño, pintora e profesora galega, primeira muller membro da Real Academia Galega de Belas Artes, xunto a Carmen Corredoyra. Dedicóuselle oficialmente o Día da Ilustración Galega 2021.
M.ª Dolores Vila Jato (1950-2001), natural de Lugo, historiadora da arte.
María Dolores Casanova González era o nome real da cantante Ana Kiro (1942-2010).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Dolores | |
Catalán | Dolors | |
Español | Dolores | |
Éuscaro | Nekane | |
Inglés | Dolores | |
Italiano | Addolorata | |
Dolores | ||
Portugués | Dores |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Dores
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]