Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Donato
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Donato:
Etimoloxía e historia
Do nome latino Donatus, que aparece nos primeiros séculos da era vulgar en ambiente cristián. Expresa o agradecemento a Deus que 'doou' un fillo a unha parella de esposos que había tempo que o desexaba. Donatus significa, logo, 'doado, regalado' (do verbo donare 'dar') pero pódese sobreentender 'a Deus' ou 'por Deus'. Do nome medieval procede o topónimo Doade.
Motivación
Donato de Cartago (c. 270-c. 355), bispo en Numidia (norte de África), foi considerado herexe pola súa intransixencia rigorista; del parte a herexía dos donatistas, que pretendían que só tivesen validez os sacramentos administrados polos que se mantiñan firmes na fe.
San Donato de Arezzo (século IV) foi bispo desta cidade italiana.
Chamáronse así
O escultor florentino Donato di Nicolo Betto Bardi (1386-1466), coñecido como Donatello (“Donatiño”).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Donatus | |
Catalán | Donat | |
Español | Donato | |
Éuscaro | Donato | |
Francés | Donnatn | |
Donat | ||
Inglés | Donatus | |
Italiano | Donatello (hip.) | |
Donato | ||
Portugués | Donato |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Donato
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]