Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Domingos, Dominga
Nome cristián
Pronuncia
Domingos:
Dominga:
Variantes
Masculinas Domingo
Hipocorísticos
Másculinos Mingos, Mingo, Mingote, Mingacho, Mingucho
Femininos Minga, Mingucha
Etimoloxía e historia
Do latín Dominicus 'do señor'; o nome chegounos por vía culta e por iso conserva o -s do nominativo latino. Nome persoal latino de carácter exclusivamente cristián, xa que, máis que ser imposto a nenos nacidos en domingo, soaba a loanza a Deus, porque significaba 'do Señor'. Este nome deu lugar ao apelido Domínguez.
Motivación
O santo máis importante con este nome foi san Domingos de Guzmán (1170-1221), fundador da Orde dos Frades Predicadores —os dominicanos ou dominicos—, en 1216. Predicou contra os cátaros ou albixenses na Occitania, cristiáns rigoristas opostos á xerarquía eclesiástica e á pena de morte. Contra eles utilizouse a Inquisición, creada en 1232; os frades dominicanos foron os primeiros chamados a actuar nestes autos de fe. Este santo pasa por ser o inventor do rezo do rosario, invención que outros atribúen ao monxe bretón do século XV frei Alano de Rupe (Alain de La Roche, en francés). En todo caso, os frades dominicanos foron os máximos propagandistas deste rezo, sobre todo despois do Concilio de Trento.
Outros santos con este nome foron san Domingos de Silos (século XI), abade deste mosteiro de Castela, e san Domingos de La Calzada (séculos XI-XII), frade ermitán dos montes da Rioxa que construíu pontes e hospitais para os peregrinos a Santiago.
Chamáronse así
Domingo Antonio de Andrade (1639-1712), natural de Cee, un dos grandes arquitectos do barroco galego, autor da torre do Reloxo da catedral de Santiago.
Domingo Fontán (1788-1866), natural de Portas, matemático e cartógrafo, autor do primeiro mapa moderno de Galicia, a Carta Geométrica de Galicia (1834), co que se adiantou en catro décadas aos esforzos do Goberno español en realizar un mapa semellante no resto do Estado.
Domingo García Sabell (1908-2003), médico e escritor, presidente da Real Academia Galega de 1979 a 1997.
Domingo Villar Vázquez (1971-2022), natural de Vigo, foi un dos principais narradores galegos dos últimos anos, especializado en novela negra. Co seu personaxe o inspector Leo Caldas como protagonista, tres das súas novelas foron traducidas a máis de quince linguas; a derradeira: O último barco (2019).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Dominik | Dominika |
Catalán | Domingo | Dominga |
Domenge | ||
Domènec | ||
Español | Domingo | Dominga |
Éuscaro | Domikutza | |
Domekoitza | ||
Domenga | ||
Domingo | Dominixe | |
Dominix | Domenja | |
Domiku | Domeka | |
Txomin | Dominika | |
Francés | Dominique | Dominique |
Inglés | Dominic | Dominica |
Italiano | Minghino (hip.) | |
Ménego (hip.) | ||
Ménico (hip.) | ||
Domenico | Domenica | |
Portugués | Domingos | Domingas |
Romanés | Dominic | |
Ruso | Domnin | Domnina |
Domnika |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]