Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Domiciano
masculino
Etimoloxía e historia
Derivado do nome latino Domitius e este de domitus, participio pasado de domare ‘domar, domesticar’.
Motivación
Foi nome dunha familia plebea romana, con dúas ramas: os Calvini e os Ahenobarbi.
Tito Flavio Domiciano foi emperador romano da dinastía Flavia do 79 ao 81.
No santoral cristián figuran san Domiciano de Huy (século VI), bispo de Tongeren (Bélxica) e san Domiciano de Metilene (Capadocia), bispo desta cidade, onde morreu en 602.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Domician | |
Catalán | Domicià | |
Español | Domiciano | |
Éuscaro | Domiziano | |
Francés | Domitien | |
Inglés | Domitian | |
Italiano | Domiciano | |
Portugués | Domiciano |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]