Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Edmundo
masculino
Nome cristián
Pronuncia
                            Edmundo:
                            
                                
                                    
                                
                            
                        
                    
                    Hipocorísticos
Másculinos Mundo
Etimoloxía e historia
Do inglés Edmund, e este do anglosaxón Eadmund, composto de ead 'riqueza, felicidade', e mund 'protección'.
Motivación
Santo Edmundo da Anglia Oriental (841-870) foi o derradeiro rei deste territorio británico; morreu decapitado polos dinamarqueses.
Santo Edmundo de Canterbury (1175-1240), profesor en Oxford e en París, foi nomeado arcebispo de Canterbury, pero logo tivo que se exiliar a Francia polos conflitos entre o papa e o rei inglés Henrique III.
O nome tivo difusión en Europa no século XIX por mor de Edmond Dantès, protagonista principal da novela O conde de Montecristo (1844), de Alexandre Dumas (pai).
Chamáronse así
Edmond Halley (1656-1742) foi o astrónomo inglés que identificou o cometa que leva o seu nome. Edmund Percival Hillary (1919-2008), neocelandés, foi o primeiro alpinista en subir ao monte Everest (1953).
Edmundo Roberes (1875-1923), xornalista e debuxante de Pontedeume.
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino | 
|---|---|---|
| Alemán | Edmund | |
| Catalán | Edmon | |
| Edmund | ||
| Español | Edmundo | |
| Éuscaro | Edmundo | |
| Francés | Edmond | |
| Inglés | Edmund | |
| Italiano | Edmondo | |
| Portugués | Edmundo | 
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
        Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
	Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]
 
 




