Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Amancia, Amancio
Nome cristián
Pronuncia
Amancia:
Amancio:
Variantes
Femininas Amantia
Etimoloxía e historia
Do latín Amantius e este derivado de amans (ac. amantem) 'que ama'. Lembremos que amante en galego como adxectivo significa aínda hoxe 'suave, agradable no trato' e aplícase a persoas e mesmo a cousas.
Motivación
Santo Amancio de Rodez (século V) foi o primeiro bispo desta cidade francesa.
Chamáronse así
Amancio Landín Carrasco (1918-2018), natural de Pontevedra, avogado, historiador naval e membro correspondente da Real Academia Galega.
Amancio Amaro Varela (1939-2023), natural da Coruña, futbolista internacional moi famoso nas décadas de 1960 e 1970.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Amantius | |
Catalán | Amanç | |
Español | Amancio | |
Francés | Amance | |
Italiano | Amanzio | |
Portugués | Amâncio |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]