Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Ambrosio, Ambrosia
Nome cristián
Pronuncia
Ambrosio:
Etimoloxía e historia
Do grego ambrósios 'inmortal'. O feminino ambrosía (que pasou ao latín como ambrosia) era o néctar exquisito de que se alimentaban no Olimpo os deuses da mitoloxía grega.
Motivación
Santo Ambrosio de Milán (340-397) foi bispo desta cidade. A lenda di que, sendo aínda catecúmeno, nunha asemblea popular un neno berrou: “Ambrosio, bispo!”. Tomouse como voz divina e nunha semana bautizárono, ordenárono sacerdote e consagrárono bispo. No ano 387 bautizou o que despois sería santo Agostiño, e no ano 390 impediulle ao emperador Teodosio a entrada na catedral de Milán mentres non demostrase a súa inocencia nos masacres de Tesalónica.
Chamáronse así
O cronista Ambrosio de Morales, cordobés, realizou en 1572 por encargo de Filipe II unha viaxe de estudo polos reinos de León, Galicia e o Principado de Asturias, que despois publicaría. Nesta viaxe foi recollendo reliquias, libros e documentos que incorporou ás coleccións reais do mosteiro de El Escorial.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Ambrosius | |
Catalán | Ambrosi | |
Ambròs | ||
Español | Ambrosio | Ambrosia |
Éuscaro | Anbrosia | |
Anbroxio | Anborxe | |
Anbortse | ||
Anbrosio | Anbrosia | |
Francés | Ambroise | |
Galés | Emrys | |
Inglés | Ambrose | |
Italiano | Giotto | |
Ambrogio | ||
Portugués | Ambrósio | Ambrósia |
Romanés | Ambrozie | |
Ruso | Amvrosii |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]