Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Amil
feminino
Nome toponímico
Etimoloxía e historia
Dun nome de lugar, presente nos concellos de Mesía e Trazo (A Coruña) e nunha parroquia en Moraña (Pontevedra), e procedente do xenitivo dun nome de posesor de orixe xermánica Alamirus, formado cos elementos góticos alls ‘todo’ e mereis ‘célebre, famoso’. É un dos topónimos que recentemente se converteron en antropónimos. Este procede dunha advocación mariana, Nosa Señora dos Milagres da Amil (Moraña), igual que Montserrat, Lurdes, Fátima ou Guadalupe. Coma outras advocacións marianas, é en principio de xénero masculino pero agora úsase como feminino.
Motivación
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]