Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Amelia
feminino
Pronuncia
Amelia:
Véxase Amalia
Variantes
Femininas Amalia
Hipocorísticos
Femininos Meluca, Lucha
Etimoloxía e historia
Nome de introdución recente que se considera unha variante de Amalia pola vía do francés, onde se cambiou a Amelie pola influencia do substantivo grego amelía 'descoido', 'abandono', 'despreocupación', ou do nome Émilie.
Chamáronse así
Amelia Earhart (Kansas, 1897 - océano Pacífico, 1937) foi unha aviadora estadounidense célebre polas súas marcas de voo e por tentar a primeira viaxe aérea arredor do mundo sobre a liña ecuatorial.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Amelia | |
Catalán | Amélia | |
Español | Amelia | |
Éuscaro | Ameli | |
Amale | ||
Amelia | ||
Amele | ||
Francés | Amélie | |
Inglés | Amelia | |
Portugués | Amélia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]