Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Américo, América
Personaxe histórico
Pronuncia
Américo:
América:
Véxase Henrique
Etimoloxía e historia
Nome de orixe xermánica composto polas raíces haims ‘vila, país natal’ e e*rikaz ‘poderoso’, coa mesma formación ca Henrique (véxase) pero introducido por vía italiana, pola sona de Americo Vespucci.
Motivación
O florentino Amerigo Vespucci —adaptado ao noso idioma como Américo Vespucio—, foi un comerciante e explorador naturalizado castelán en 1505 que participou en viaxes de exploración ao Novo Mundo. Foi nomeado piloto pola Casa de Contratación de Sevilla. Percorrendo a costa hoxe brasileira decatouse de que as terras descubertas por Colón non eran as Indias orientais, senón un continente novo. En 1503 publicou Mundus novus. Por esta razón o cartógrafo alemán Martin Waldseemüller no seu mapa Universalis Cosmographia (1507) acuñou o nome de América para este novo continente.
Chamáronse así
Américo Castro (1885-1972), filólogo, escritor e historiador español. O seu libro La realidad histórica de España (1954) provocou unha polémica historiográfica co tamén historiador Claudio Sánchez Albornoz, autor de España, un enigma histórico (1956).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Amèric | Amèrica |
Español | Américo | América |
Italiano | Amerigo | |
Americo | America | |
Portugués | Américo | América |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]