Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Ana
feminino
Nome bíblico
Pronuncia
Ana:
Etimoloxía e historia
Do hebreo Hannah '(Deus) axudou / tivo misericordia'.
Motivación
Na Biblia hai polo menos tres mulleres con este nome; unha delas, a profetisa Ana de Xerusalén, que segundo o evanxelista Lucas recoñece o neno Xesús como o Mesías prometido. A principal foi santa Ana, considerada pola tradición nai da Virxe María e avoa de Xesús, cousa que non se recolle en ningún dos evanxeos canónicos; só nos apócrifos, como no Protoevanxeo de Santiago. O seu culto desenvolveuse na época das cruzadas. É a santa nacional da Bretaña francesa, onde conta cun dito semellante ao de Santo Andrés de Teixido: “De vivo ou de morto ao santuario de santa Ana debe ir todo bretón”.
Chamáronse así
Ana da Bretaña (1477-1514) foi a derradeira duquesa da Bretaña e dúas veces raíña de Francia. Casou primeiro con Carlos VIII en 1491 e co seu sucesor Luís XII. Aínda que nas cláusulas matrimoniais establecera certos privilexios para o seu ducado, o certo é que esta unión supuxo a definitiva perda da independencia bretoa.
Ana foi nome de raíñas e princesas de toda Europa. Anne Boleyn, segunda esposa de Henrique VIII e raíña consorte de Inglaterra durante só tres anos (1533-1536).
Na literatura, a novela Ana Karenina (1877) de Lev Tolstoi contribuíu a popularizar o nome.
Anne Frank (1929-1945), xudía alemá emigrada ós Países Baixos, durante a segunda guerra mundial agachouse nun faiado en Amsterdam para salvarse dos nazis, aínda que finalmente morreu con case toda a súa familia no campo de concentración de Auschwitz. Escribiu un Diario que se fixo mundialmente coñecido.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Anne | |
Anna | ||
Bretón | Naig (hip.) | |
Annaig | ||
Anna | ||
Catalán | Anna | |
Español | Ana | |
Éuscaro | Ana | |
Ane | ||
Francés | Nannette (hip.) | |
Anne | ||
Inglés | Hannah | |
Annie | ||
Anne | ||
Anna | ||
Ann | ||
Italiano | Anna | |
Portugués | Ana | |
Romanés | Anuşca (hip.) | |
Ana | ||
Ruso | Ania |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]