Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Anacleto
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do grego Anáklētos 'convocado', derivado de anakaleîn 'invocar'.
Motivación
Santo Anacleto, nado en Atenas, foi o terceiro papa (79-91), despois de san Pedro e san Lino. Morreu lapidado en Roma e enterrárono ao lado de san Pedro. Na relación dos papas aparece ás veces como Cleto.
Tamén adoptou este nome o antipapa Anacleto II (Pietro Pierleoni), que lle disputou o trono papal a Inocencio II. Os dous foran coroados ao mesmo tempo (23 de febreiro de 1131) como sucesores de Honorio II, o que deu lugar a un cisma no seo da Igrexa. Inocencio recibiu o apoio dos máis importantes monarcas europeos, entre eles o emperador Lotario II, mentres que Anacleto só tivo como principais valedores o duque Guillerme X de Aquitania e o rei Roxerio II de Sicilia. O apoio de Bernaldo de Claraval a Inocencio puxo fin ao cisma en 1138.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Cletus | |
Catalán | Anaclet | |
Español | Anacleto | |
Éuscaro | Anakleto | |
Francés | Anaclet | |
Italiano | Cleto | |
Anacleto | ||
Portugués | Anacleto |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]