Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Amando, Amanda
Nome cristián
Pronuncia
Amando:
Amanda:
Etimoloxía e historia
Do latín Amandus 'que merece que o amen'.
Motivación
Santo Amando de Maastricht (século VII) foi bispo desta cidade belga e apóstolo de Flandres, pois evanxelizou a rexión de Gante e fundou varias abadías. Antes estivera de ermitán na illa de Yeu (Francia), lugar que liberou de serpes, segundo unha lenda semellante á de san Patricio en Irlanda e santo Hadrián en Galicia.
As terras de Amandi, no concello de Sober, de gran sona polos seus viños, probablemente reciben o seu nome dun antigo propietario chamado Amando.
No século XX popularizouse a forma feminina pola canción de Víctor Jara “Te recuerdo Amanda”, de 1969.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Amandus | Amanda |
Catalán | Amand | Amanda |
Español | Amando | Amanda |
Éuscaro | Amando | |
Francés | Amand | |
Inglés | Amandus | |
Italiano | Amando | |
Portugués | Amândio |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]