Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Amado, Amada
Nome cristián
Pronuncia
Amado:
Amada:
Etimoloxía e historia
Do latín amatus, do participio pasado de amo 'amar', con posible concorrencia co árabe Ahmad 'loable'.
Motivación
Santo Amado de Grenoble (séculos VI-VII) iniciouse na vida monástica na abadía de Saint-Maurice d'Agaune (Suíza); anos despois un gran señor, de nome Romárico, fundou un mosteiro en Remireront, na rexión dos Vosgos (Francia), e designouno abade.
Chamáronse así
Amada López Meneses (As Nogais, 1906 - Barcelona, 1976), historiadora e membro correspondente da RAG.
Amado Ricón (1933-2019), natural de Redondela, profesor e político.
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino |
|---|---|---|
| Alemán | Amatus | |
| Catalán | Amat | Amada |
| Español | Amado | Amada |
| Éuscaro | Maitane | |
| Amate | ||
| Amade | ||
| Maite | ||
| Amatu | Amata | |
| Francés | Aimé | |
| Inglés | Amy | |
| Italiano | Amato | |
| Portugués | Amado | Amada |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]




